Monday 16 de September de 2024

Obradoiro de iniciación ao stream e creación dun mural coa temática do San Xoán para a rapazada


O Concello organiza un novos obradoiros nas Casas da Mocidade o día 7 e 8 de xuño: obradoiro de iniciación ao stream e creación dun mural con temática de San Xoán.

O obradoiro de iniciación ao stream terá lugar o día 7 de xuño de 17:00 a 19:30 horas en Portaberta (Santa Cruz). Na actividade aprenderase como funciona o streaming, que tipo de traballo desenvolven os streamers, como facer stream e mellorar a calidade do mesmo ademais de facer algunhas probas cun laboratorio de streaming avanzado.

Os días 7 e 8 de xuño a partir das 17:00 horas terá lugar na Casa das Pedras a elaboración dun mural sobre a noite de San Xoán. A ACCEM será a organización encargada de levar a cabo un mural na casa da Mocidade de As Pedras. ACCEM é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Coa axuda da mocidade que acuda eses días ás Pedras levarán a cabo o mural.

As persoas interesadas poderán inscribirse nas actividades a través centrosmocidadeoleiros.wordpress.com e dos teléfonos 981 614 083 (Portaberta) e 981 977 944 (As Pedras) ata o día 2 de xuño.